Topic 1
Section outline
-
ARQUITECTURA GÓTICA
-Principais edificacións (todas nas cidades): palacios para o patriciado, lonxas para os comerciantes, concellos para o goberno da cidade e, sobre todo, catedrais.
-Características dunha catedral gótica:
-Planta de cruz latina como no Románico pero ca cabeceira moito máis ancha e con forma poligonal, e transepto que apenas sobresae.
-Uso do arco apuntado ou oxival, o que permite elevar a altura do edificio.
-Uso da bóveda de cruzaría, na que o peso non descansa sobre o muro, senón sobre piares no interior do edificio e arcobotantes e contrafortes no exterior. O muro case desaparece, sendo sustituído por vidreiras.
-Abundancia de elementos decorativos: agullas, pináculos, gabletes, rosetóns, vidreiras, gárgolas.
-En consecuencia: edificios moito máis altos, luminosos e decorados que no Románico.
Vocabulario:
-Catedral: igrexa onde ten a súa sé a cátedra do bispo ou arcebispo, polo que é a máis importante da diócese ou archidiócese.
-Arco apuntado ou oxival: arco alto e lixeiro con forma de punta de frecha (ou de oxiva).
-Bóveda de cruzaría: bóveda formada polo cruzamento de dous arcos oxivais e reforzada con nervios que se cruzan.
-Arcobotante: segmento de arco que se apoia no contraforte e no arranque da bóveda da nave central, para contrarrestar o empuxe desta.
-Vidreira: composicións feitas con vidros de cores cas que se adornan as fiestras das igrexas góticas.
-Rosetón: fiestra circular decorada con vidreiras que se situaba nas portadas das igrexas góticas.
-Pináculo: torreciña de forma piramidal que remata os contrafortes ou os arcobotantes.
-Frecha, agulla ou chapitel: pirámide que remata as torres e, as veces, os cruceiros.
-Gablete: frontón triangular decorativo.
-Gárgola: parte saínte, en forma de animal ou monstro, que remata os desaugadoiros dos tellados.

Arquitectura gótica