Exame 3ª avaliación
Requisitos de finalización
- Tradución dun texto dentro dos de Ἀθήναζε ou calquera dos apuntes que vimos na clase. (5 puntos). Exemplos de penalizacións:
- Desconto por mala identificación morfolóxica (traducir un verbo persoal por substantivo, por exemplo).
- Desconto por mala identificación sintáctica (traducir confundido as funcións verbais; e.g., complemento circunstancial de causa por axente; complemento directo por suxeito).
- Desconto por confusión de léxico (e.g. traducir unha palabra cun significado completamente erróneo).
- Morfoloxía: identificación de formas, declinación e conxugación (verbais e nominais). (3 puntos). Exemplos de penalizacións:
- Desconto por mala identificación morfolóxica (confusión de caso, confusión de tempo).
- Desconto por artigo inadecuado aplicado aos substantivos (e.g., acusativo masculino por nominativo feminino)
- Sintaxe: identificación das funcións na oración en grego. (2 puntos). Exemplos de penalizacións.
- Desconto por mala identificación sintáctica (traducir confundido as funcións verbais; e.g., complemento circunstancial de causa por axente; complemento directo por suxeito)
- Desconto por non indicar a clase de palabra.
- Desconto por non identificar as funcións.
N.B.:
- lembrade mirar ben todo o vocabulario do Ἀθήναζε e dos apuntes, pode entrar calquera palabra que teñamos visto na clase.
- calquera texto visto en clase pode ser obxecto de exame.
Última modificación: domingo, 19 de abril de 2026, 19:48