1. Tradución dun texto dentro dos de Ἀθήναζε ou calquera dos apuntes que vimos na clase. (5 puntos). Exemplos de penalizacións:
    • Desconto por mala identificación morfolóxica (traducir un verbo persoal por substantivo, por exemplo).
    • Desconto por mala identificación sintáctica (traducir confundido as funcións verbais; e.g., complemento circunstancial de causa por axente; complemento directo por suxeito).
    • Desconto por confusión de léxico (e.g. traducir unha palabra cun significado completamente erróneo).
  2. Morfoloxía: identificación de formas, declinación e conxugación (verbais e nominais). (3 puntos). Exemplos de penalizacións:
    • Desconto por mala identificación morfolóxica (confusión de caso, confusión de tempo).
    • Desconto por artigo inadecuado aplicado aos substantivos (e.g., acusativo masculino por nominativo feminino)
  3. Sintaxe: identificación das funcións na oración en grego. (2 puntos). Exemplos de penalizacións.
    • Desconto por mala identificación sintáctica (traducir confundido as funcións verbais; e.g., complemento circunstancial de causa por axente; complemento directo por suxeito)
    • Desconto por non indicar a clase de palabra.
    • Desconto por non identificar as funcións.

N.B.:

  1. lembrade mirar ben todo o vocabulario do Ἀθήναζε e dos apuntes, pode entrar calquera palabra que teñamos visto na clase.
  2. calquera texto visto en clase pode ser obxecto de exame.
Última modificación: domingo, 19 de abril de 2026, 7:48 PM