Criterios de avaliación e recuperación
En cada avaliación faranse dúas probas que ponderarán un 90% (a primeira un 36% e a segunda un 54%) e o outro 10% resultará de traballos elaborados polo alumnado e observacións directas do docente. En cada exame da primeira avaliación a tradución ponderará un 40%, a análise un 10%, cuestións relacionadas coa flexión verbal, pronominal, nominal etc un 20% e cuestións relacionadas con Historia de Roma ou evolución fonética de étimos un 30%. Da segunda avaliación en adiante en cada exame a tradución ponderará un 50%, a análise un 10%, cuestións relacionadas coa flexión verbal, pronominal, nominal etc un 20%, cuestións relacionadas con Historia de Roma un 10% e as relativas á evolución fonética de étimos un 10%.
A primeira avaliación ponderará un 15%, a segunda un 35% e a terceira un 50% da cualificación final.
Farase redondeo á alza a partir do 0'75, de modo que un 5,75 nunha avaliación (a título de exemplo) suporía un 6 no boletín.
O feito de utilizar calquera sistema fraudulento nun exame, e inclúese a exhibición dun aparato de telefonía móbil ou similar, suporá a cualificación negativa na correspondente proba, de modo que terá nela un cero.
O alumnado que ao final de cada avaliación non obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos, será obxecto dun programa de recuperación específico.
Tamén se lle ofrecerá esta oportunidade ao alumnado aprobado que desexe mellorar a súa cualificación.
O alumnado poderá recuperar cada avaliación suspensa ao comezo da seguinte nunha proba escrita que trate dos contidos vistos en dita avaliación non aprobada.
No caso de que unha/un alumna/o non aprobe o curso na convocatoria ordinaria, recibirá un breve informe no que se detallen os obxectivos non alcanzados, o procedemento para os recuperar e as datas para a realización das probas. Asemade, o alumnado terá dereito a concorrer a unha proba final na convocatoria extraordinaria, segundo o calendario que marque o centro. A proba final incluirá contidos de todo o ano académico e, desta guisa, non caberá xa a posibilidade de examinarse de contidos específicos desta ou daquela avaliación.