Criterios de avaliación
5.2. Criterios de cualificación e recuperación (Elaborado)
En cada avaliación faranse dúas probas que ponderarán un 90% (a primeira un 36% e a segunda un 54%) e o outro 10% resultará de traballos elaborados polo alumnado e observacións directas do docente. En cada exame a tradución ponderará un 50%, a análise un 20% e cuestións relacionadas coa flexión verbal, pronominal, nominal etc un 30%.
A primeira avaliación ponderará un 15%, a segunda un 35% e a terceira un 50% da cualificación final.
Farase redondeo á alza a partir do 0'75, de modo que un 5,75 nunha avaliación (a título de exemplo) suporía un 6 no boletín.
O feito de utilizar calquera sistema fraudulento nun exame, e inclúese a exhibición dun aparato de telefonía móbil ou similar, suporá a cualificación negativa en dita proba. Ao non poderse aclarar canto do exame é un resultado acadado lexitimamente e canto non (ou, polo menos, non sempre é posible e dificilisimamente se podería facer de forma non discriminatoria) a cualificación sera de 0.
O alumnado que ao final de cada avaliación non obteña unha cualificación igual ou superior a 5 puntos, será obxecto dun programa de recuperación específico.
Tamén se lle ofrecerá esta oportunidade ao alumnado aprobado que desexe mellorar a súa cualificación.
O alumnado poderá recuperar cada avaliación suspensa ao comezo da seguinte nunha proba escrita que trate dos contidos vistos en dita avaliación non aprobada.
No caso de que unha/un alumna/o non aprobe o curso na convocatoria ordinaria, recibirá un breve informe no que se detallen os obxectivos non alcanzados, o procedemento para os recuperar e as datas para a realización das probas. Asemade, o alumnado terá dereito a concorrer a unha proba final na convocatoria extraordinaria, segundo o calendario que marque o centro. A proba final incluirá contidos de todo o ano académico e, desta guisa, non caberá xa a posibilidade de examinarse de contidos específicos desta ou daquela avaliación.