O complemento predicativo (CPvo)
O COMPLEMENTO PREDICATIVO OBXECTIVO (do CD)
O complemento predicativo (CPvo) é un substantivo ou adxectivo que depende á vez dun verbo e do substantivo que desempeña a función de suxeito ou de CD. Polo de agora vamos a centrarnos no CPvo que mantén unha relación co CD. Traballaremos co CPvo do suxeito cando estudemos a voz pasiva dos verbos.
- Algúns verbos que poden levar complemento predicativo (CPvo) son os que significan:
- “Chamar” ou “nomear”: appello –are, nomino –are, voco –are…
- “Xuzgar”: iudico –are…
- “Proclamar”: declaro –are…
- “Considerar”: puto –are…
- “Permanecer”: maneo –ere…
- Verbos de movemento: venio –ire (“vir”), pervenio –ire (“chegar”)…
- A miúdo o CPvo é:
- Un substantivo que indica unha maxistratura ou cargo: consul consulis (“cónsul”), tribunus –i (tribuno), dictator –oris (“ditador”), praetor –oris (“pretor”), legatus –i (“embaixador”)…
- Un adxectivo: victor –oris (“vencedor”), solus –a –um (“só”), primus –a –um (“primeiro”), vivus –a –um (“vivo”)…
O adxectivo debe concertar en xénero, número e caso acusativo co CD.