NOMINATIVO               EXEMPLOS                                                    
b + s = bs plebs plebis: "plebe"
p + s = ps princeps principis: "cabecilla"
d + s = s pes pedis: "pé" → Explicación do nom.: *ped-s > pes
t + s = s miles militis: "soldado" → Explicación do nom.: *milet-s > miles. No xenitivo produciuse o fenómeno de apofonía: *milet-is > militis.
g + s = x lex legis: "lei" → Explicación do nom.: *leg-s > lex
c + s = x dux ducis: "xeneral" → Explicación do nom.: *duc-s > dux
m + s = ms hiems hiemis: "inverno"

Os substantivos cunha raíz

rematada en -l, -r, -n ou -s

non engaden nada no nom.

consul consulis: "cónsul"

labor laboris: "traballo"

legio legionis: "lexión" → Os substantivos coa raíz rematada en -n, no nom. sg. perden esa -n.

mos moris: "costume" → No xenitivo deste substantivo produciuse o rotacismo, é dicir, -s en posición interior de palabra evolucionou a -r: *mos-is > moris

Última modificación: miércoles, 13 de diciembre de 2023, 18:51