O COMPLEMENTO PREDICATIVO OBXECTIVO (do CD)

O complemento predicativo (CPvo) é un substantivo ou adxectivo que depende á vez dun verbo e do substantivo que desempeña a función de suxeito ou de CD. Polo de agora vamos a centrarnos no CPvo que mantén unha relación co CD. Traballaremos co CPvo do suxeito cando estudemos a voz pasiva dos verbos.

  • Algúns verbos que poden levar complemento predicativo (CPvo) son os que significan:

-          “Chamar” ou “nomear”: appello –are, nomino –are, voco –are…

-          “Xuzgar”: iudico –are

-          “Proclamar”: declaro –are

-          “Considerar”: puto –are

-          “Permanecer”: maneo –ere

-          Verbos de movemento: venio –ire (“vir”), pervenio –ire (“chegar”)…

 

  • A miúdo o CPvo é:

-          Un substantivo que indica unha maxistratura ou cargo: consul consulis (“cónsul”), tribunus –i (tribuno), dictator –oris (“ditador”), praetor –oris (“pretor”), legatus –i (“embaixador”)…

-          Un adxectivo: victor –oris (“vencedor”), solus –a –um (“só”), primus –a –um (“primeiro”), vivus –a –um (“vivo”)…

O adxectivo debe concertar en xénero, número e caso acusativo co CD.

Última modificación: miércoles, 8 de enero de 2025, 19:21