Páx. 97, exerc. 3
3. Completa co étimo preposicional (eu tamén engadín outros étimos gregos) e o significado da palabra:
Hipermercado: ὑπέρ = sobre, por riba de → Establecemento comercial moi grande no que se vende todo tipo de produtos.
Epitafio: ἐπί = sobre + τάφος = tumba →Inscrición que se pon sobre a tumba ou lápida.
Perímetro: περί = ao redor de + μέτρον = medida → Medida do contorno dunha figura.
Hipotenso: ὑπό = debaixo de → Que ten a presión sanguínea por debaixo dos parámetros recomendables.
Anfiteatro: ἀμφί = a un e outro lado → Construción oval ou circular con graderío todo ao redor.
Parásito: παρά = xunto a, ao lado de → Organismo animal ou vexetal que vive pegado ao outro e alimentándose del.
Período: περί = ao redor de + ὁδός = camiño, viaxe → Espacio de tempo.
Epicentro: ἐπί = sobre → Punto do que saen as ondas dun terremoto.
Hipertiroidismo: ὑπέρ = por riba de, sobre → Enfermidade que consiste nunha actividade excesiva da glándula tiroidea e das consecuencias que isto produce no corpo humano.
Parafrasear: παρά = ao lado de → Explicar un texto usando outras palabras ou termos semellantes aos que presentes en dito fragmento.
Anfibio: ἀμφί = a un e outro lado → Ser vivo que pode vivir no medio acuático e no terrestre.
Hipoglucemia: ὑπό = por debaixo de + αἱμα = sangue → Nivel de glucosa (azúcre) no sangue inferior ao que é recomendable ou normal.