5. Sinala que padecen os que teñen:

Xinecofobia: medo ás mulleres (γυνή γυναῖκος "muller" + φόβος -ου "medo")

Hemofilia: enfermidade que afecta á coagulación do sangue (αἷμα -ματος "sangue" + φιλία -ας "amizade, aprecio").

Flebite: inflamación dunha vea (φλέψ φλεβός "vea")

Estomatite: inflamación da mucosa bucal (στόμα -ματος "boca")

Azoospermia: carencia de espematozoides no seme. (ζωός -όν "vivo" + σπέρμα -ματος "semente")

Anemia: diminución de glóbulos vermellos no sangue (αἷμα -ματος "sangue").

Última modificación: luns, 27 de xaneiro de 2025, 8:51 PM