Páx. 127, ex. 3
Requisitos do completado
3. Sinala de que son especialistas os seguintes profesionais:
Ornitóloga: nos paxaros (ὄρνις ὄρνιθος: paxaro)
Estomatólogo: na boca (στόμα στόματος: boca)
Podóloga: nos pés (πούς ποδός: pé)
Xinecóloga: no aparato reproductor feminino (γυνή γυναῖκος: muller)
Otorrinolaringólogo: no oído, no nariz e na gorxa (οὖς ὠτός: oído + ῥίς ῥινός: nariz + λάρυγξ λάρυγγος: gorxa)
Hematóloga: no sangue (αἵμα αἵματος: sangue)
Pediatra: nos nenos (παῖς παιδός: neno)
Última modificación: luns, 27 de xaneiro de 2025, 8:26 PM