O acusativo como complemento circunstancial (CC)
Requisitos de finalización
Preposición + acusativo = CC
Recóllense a continuación algunhas preposicións de acusativo de uso frecuente:
ad: a, cara (cast. "hacia")
ante: antes de, diante de
contra: contra, en fronte de
extra: fóra de
in: a, cara (cast. "hacia")
inter: entre
intra: dentro de
per: por, a través de
post: despois de, detrás de
Hai ocasións nas que o acusativo, aínda que non vai precedido de preposición, é igualmente un CC.
Acusativo (sen preposición) = CC
- Acusativo de dirección: normalmente o acusativo é o nome dunha ciudad e o destino dun verbo de movemento.
Legatos Romam mittebat: Enviaba legados a Roma.
- Acusativo de extensión no tempo: o acusativo contén un sustantivo que indica tempo (dies -ei “día”, mensis -is “mes”, annus -i “ano”…). O CC expresa a duración da acción.
Septem annos regit: Reina durante sete anos.
- Acusativo de extensión no espazo: o acusativo contén un termo que expresa medida (passus -us "paso", pes pedis "pé"...). Indica as dimensións dun obxecto ou unha distancia.
Turris viginti pedes alta erat: A torre era alta 20 pés (literalmente) → A torre tiña 20 pés de alto.
Última modificación: miércoles, 8 de enero de 2025, 19:21