O AUMENTO

O aumento é unha característica morfolóxica propia dos tempos de pasado (imperfecto, aoristo, pluscuamperfecto) no modo indicativo.

Segundo como sexa o inicio do verbo, atoparémonos cun determinado tipo de aumento:

- Aumento silábico: consiste en engadir un épsilon (ἐ-) diante da raíz verbal.

- Aumento temporal: atopámolo nos verbos que teñen unha raíz que empeza por vogal. Nestes casos, o aumento consiste en alongar a vogal inicial. É dicir, a vogal inicial da raíz verbal convértese nunha vogal longa. Os cambios que se producen son os seguintes: 

α > η          αι > ῃ           αυ > ηυ    

ε > η          ει > ῃ            ευ > ηυ

ο > ω        οι > ῳ           ου > ου

Nos verbos cunha raíz que comeza por iota (ι) ou por ípsilon (υ), o aumento implica un cambio na cantidade desas vogais (ι breve pasa a ι longa, e υ breve pasa a υ longa), pero non hai ningún cambio gráfico. 

Os verbos que comezan por η- ou ω- non sufren ningún cambio.

Última modificación: martes, 3 de diciembre de 2024, 19:35