O aumento
O AUMENTO
O aumento é unha característica morfolóxica propia dos tempos de pasado (imperfecto, aoristo, pluscuamperfecto) no modo indicativo.
Segundo como sexa o inicio do verbo, atoparémonos cun determinado tipo de aumento:
- Aumento silábico: consiste en engadir un épsilon (ἐ-) diante da raíz verbal.
- Aumento temporal: atopámolo nos verbos que teñen unha raíz que empeza por vogal. Nestes casos, o aumento consiste en alongar a vogal inicial. É dicir, a vogal inicial da raíz verbal convértese nunha vogal longa. Os cambios que se producen son os seguintes:
α > η αι > ῃ αυ > ηυ
ε > η ει > ῃ ευ > ηυ
ο > ω οι > ῳ ου > ου
Nos verbos cunha raíz que comeza por iota (ι) ou por ípsilon (υ), o aumento implica un cambio na cantidade desas vogais (ι breve pasa a ι longa, e υ breve pasa a υ longa), pero non hai ningún cambio gráfico.
Os verbos que comezan por η- ou ω- non sufren ningún cambio.