Ánodo - prep. ἀνά ("cara arriba") + ὁδός ("camiño). Etimoloxicamente significa "camiño cara arriba ou ascendente". Un ánodo é un electrodo positivo.

Cátodo - prep. κατά ("cara abaixo") + ὁδός ("camiño"). Etimoloxicamente significa "camiño cara abaixo ou descendente". Un cátodo é un electrodo negativo.

Encéfalo - prep. ἐν ("en, dentro de") + κεφαλή ("cabeza"). O encéfalo é un órgano que está dentro da cabeza.

Apoxeo - prep. ἀπό ("desde") + γῆ ("terra"). O apoxeo é o punto dunha órbita máis afastado do centro da terra.

Última modificación: mércores, 13 de novembro de 2024, 6:25 PM