A acrópole de Atenas e os seus edificios. - Ollie

    • Que é unha acrópole?
    • Que mito se relaciona estreitamente coa acrópole de Atenas?
    • Cal é a finalidade da acrópole de Atenas?
    • Comentario das características dos principais edificios: Propíleos, Partenón, Erecteion, templo de Atenea Niké... → Importancia de falar das tres ordes clásicas: xónica, dórica e corintia.
    • Influencia da arquitectura grega no mundo occidental.

A escultura da antiga Grecia.  - Vladimir

    • Características de cada unha das etapas e análise da evolución da escultura a través de autores e obras concretas: escultura arcaica (kourós, koré, o Moscóforo...), escultura clásica (características, os escultores Mirón, Policleto, Fidias, Lisipo, Praxíteles...) e escultura helenística (Laocoonte e os seus fillos, Victoria de Samotracia, Gálata moribundo...).
    • Influencia da escultura grega no mundo occidental.

O deporte na antiga Grecia: 

    • Pódense usar as páx. 116-118 do libro de texto como punto de partida.
    • As instalacións deportivas: estadio, palestra, hipódromo, ximnasio.
    • Tipos de probas atléticas: acrobacias con touros, boxeo, carreiras de cuadrigas...
    • Orixe e probas dos xogos olímpicos. Influencia destes xogos no mundo occiental.
    • Orixe da maratón.

Tipos de goberno da antiga Grecia - Román

    • Tiranía, democracia, oligarquía, monarquía: significado etimolóxico dos 3 últimos termos; características destas formas de goberno da antiga Grecia.
    • Institucións políticas da democracia: boulé (consello), ecclesía (asamblea), démos (pobo).
    • Maxistraturas (cargos políticos): arcontes, estrategos, prítanes, xuíces... (Pódese usar este enlace como punto de partida: https://servicios.educarm.es/cnice/palladium/datos/Palladium/cclasica/esc322ca6.php)
    • Intitucións políticas de Esparta: diarquía, gerusía... (Pódese usar este enlace como punto de partida: https://servicios.educarm.es/cnice/palladium/datos/Palladium/cclasica/esc322ca7.php)
    • Tamén se podería relacionar as institucións políticas e/ou maxistraturas con algúns dos edificios da ágora.

A educación na antiga Grecia: os modelos educativos de Atenas e de Esparta.

    • A educación en Atenas: etapas educativas, contidos e valores que recibían os rapaces, papel da familia, mobiliario, materiais empregados...
    • A educación en Esparta: etapas (por ex., a agogé), valores, papel da familia e do estado...
    • Diferenzas ou igualdade de oportunidades para homes-mulleres. Oportunidades das mulleres en cada un dos sistemas educativos (Atenas-Esparta).
    • Comparación co sistema educativo actual.

Calquera mito especialmente relacionado con Grecia:

- A mazá da discordia, o rapto de Helena e a guerra de Troia: habería que relacionalo con Homero e coa Ilíada, e rastrexar a súa presenza e influencia no arte.

- Ulises e a súa viaxe: habería que relacionalo con Homero e coa Odisea, e rastrexar a súa presenza e influencia no arte.

- O mito de Prometeo (creación do home, ofensas contra a divindade, castigo que recibe) e de Epimeteo e Pandora (quen creou a esta muller, como chega ao mundo dos humanos, cal é a súa finalidade, cales son as súas características...): como chegou o mito a nós? Obras antigas que o traten. Influencia do mito no mundo actual: literatura, arte. - Patricia

- O mito de Medusa: orixes de Medusa; cal era a apariencia/aspecto de Medusa? Sempre foi así? Cal era o seu poder? Quen eran os seus fillos? Como morreu? Que obras clásicas tratan este mito? Presencia de Gorgona/Medusa no mundo actual (arte, marca de roupa...). -Saray

Última modificación: xoves, 26 de setembro de 2024, 12:38 PM