Semana do 06 ao 10 de abril de 2026: Votar as frases "Palabras que abrazan" (individualmente). Debedes verificar que tedes feitas as seguintes tarefas, de non telas, debedes completalas na sesión que teñades clase esta semana (salvo 4º ESO). As tarefas entregadas non están ben identificadas, é dicir, non citades quen fixo o traballo (nome dos membros do grupo).
1.- Cuestionario para Discamino: preguntas para plantexarlles
2.- Información sobre a Asociación. Elaboración de un documento odt.
3.- Cuestionario para Desirée Vila: Contestar ao cuestionario sobre a súa vida e cuestións que se lle poderían plantexar.
4.- Valoración das tres actividades realizadas en marzo (só ás que asistirades): Todos a teatro e Discamino e 3º e 4º á charla de Desi.
5.- 4º ESO Carteis publicitarios da actividade de Discamino
Semana do 13 ao 17 de abril de 2026: ESTA SEMANA NON PODEREMOS USAR EN TODAS AS HORAS AS AULAS DE INFORMÁTICA, POR ISO TRABALLAREMOS NA BIBLIOTECA EN TODAS AS HORAS. 2º ESO TEN AS PROBAS DE DIAGNÓSTICO.
Buscar, en pequenos grupos, información sobre que son os animais de traballo. Que tipo de traballos desenvolven e que importancia teñen estas tarefas (ONCE, COCAN, etc.). Ademais debedes buscar información sobre as protectoras de animais (da contorna do IES) e outras organizacións que protexan aos animais (Heroes de 4 patas).
Elaboración dos carteis sobre os animais de traballo e as asociacións protectoras de animais)
Semana do 20 ao 24 de abril de 2026: A Historia do Conde de Gondomar. traballo en grupos. Debedes buscar información sobre o Pazo do Conde de Gondomar e a historia dos seus condes. Elaboraredes unha presentación sobre este tema. Tedes 2 sesións para elaboralo.
Semana do 27 abril ao 01 de marzo de 2026: Continuar cos carteis sobre a Historia do Conde de Gondomar. Enviar a presentación para a súa impresión ou entregar o cartel que fagades.