Tarefas mes de NOVEMBRO

Tarefas mes de NOVEMBRO

by Montserrat Rodríguez Paz -
Number of replies: 0

Semana do 03 ao 07 de novembro:

1º ESO, 2º ESO e 3º ESO: Explicación das tarefas que imos desenvolver ao longo dos meses de novembro e decembro. Día da Discapacidade, 25N, actividade Espazo Lectura, visita á residencia Vila do Conde.

4º ESO: Non lectivo

Semana do 10 ao 14 de novembro de 2025:

1º ESO, 2º ESO e 3º ESO: Elaboración carteis 25N

4º ESO: Explicación das tarefas que imos desenvolver ao longo dos meses de novembro e decembro. Día da Discapacidade, 25N, actividade Espazo Lectura, visita á residencia Vila do Conde.

Semana do 17 ao 21 de novembro de 2025: Preparación do manifesto, carteis e organización do acto do 25N co Concello de Gondomar e o IES Terra Turonio.

Semana do 24 ao 28 de novembro de 2025: Elaboración do cartel para a celebración co colexio Juan María o 03 de decembro en Praia América (se o tempo o permite) O venres 28 virá o alumnado do Juan María a explicar as actividades para 1º ESO.

Celebración o 25 N do acto no Concello (avisaremos aos grupos participantes) e charla da UVigo da "Cátedra de Feminismo 4.0" o mércores, 26 de novembro nas dúas primeiras horas.