Tarefas do MES de FEBREIRO de 2025

Tarefas do MES de FEBREIRO de 2025

de Montserrat Rodríguez Paz -
Número de respuestas: 0

Mércores, 05 e febreiro de 2025: HORA DE LER. Adicaremos a sesión a traballar "A MANSIÓN DOS PAMPÍN". Debedes elaborar un comentario por parellas e os valores nel reflectidos. Para a próxima semana, debedes traer unha listaxe de elementos etnográficos (preguntade ás vosas familias)

Mércores, 12 de febreiro de 2025: Se o tempo acompaña, iremos facer unha visita por Gondomar. Se chove comezaremos o traballo de investigación.

Mércores, 19 de febreiro de 2025: Investigación, por grupos, dos elementos etnográficos característicos da Galicia do século pasado, da Galicia das nosas avoas e avós. Cada grupo farase cargo dunha temática da exposición: o campo, o gando, a casa, os enterros, os nacementos, etc... ISTO SÓ É PARA 2º ESO, pois 1º ESO ten unha actividade en Artika.

Mércores, 26 de febreiro de 2025: É o último día para a procura de información (debedes subir a información á tarefa). Lembrade ver que solicitan as fichas, da tarefa, e anotar os datos precisos.

QUE PASEDES UN FELIZ ENTROIDO!!