Mércores, 06 de novembro de 2024: Para rematar as actividades do Samaín, imos facer unha ficha, por parellas, sobre as tarefas desenvolvidas na entrada do IES.
Mércores, 13 de novembro de 2024: Hoxe imos poñer ao día todo o material que temos sen rematar do trimestre, é dicir:
- Corrixir fichas semana pasada Samaín.
- Recoller os morcegos e identificar o de cadaquén para poñerlle nota.
- Rematar chapas pendentes.
- Rematar as portadas das carpetas individuais e facer as de grupo.
- Rematar fichas USUARIOS BIBLIOTECA.
- Completar os DIARIOS DE OUTUBRO (último día)
Mércores, 20 de novembro de 2024: Aqueles grupos que non remataran as tarefas da semana pasada, deben facelo hoxe. Imos repartir por grupos o traballo do trimestre (final 1º e 2º): Instrumentos tradicionais galegos.
Mércores, 27 de novembro de 2024: Cada grupo investigará no instrumento que repartimos a semana pasada e deberá elaborar un cartel sobre a súa investigación (tedes tres sesións para facelo)