Tarefas do MES DE OUTUBRO

Tarefas do MES DE OUTUBRO

by Montserrat Rodríguez Paz -
Number of replies: 0

Mércores, 02 de outubro de 2024: Comezaremos coa construción do decorado do SAMAÍN (Deseño da Santa Compaña e da ponte das Ánimas de Gondomar). Trasladaremos todo o material e o prepararemos.

Mércores, 09 de outubro de 2024: Se conseguimos cita, iremos visitar a EXPOSICIÓN SOBRE O LIÑO QUE ESTÁ NO IEM, senón continuaremos co decorado do Samaín. O alumnado de 1º ESO rematará as súas chapas identificativas.

Mércores, 16 de outubro de 2024: Temos que deixar rematado o material para a exposición do Samaín. Cada grupo elaborará unha sección do decorado.

Mércores, 23 de outubro de 2024: Volveremos a aula de informática para elaborar as fichas sobre os instrumentos tradicionais da música galega. Lembrade que poden ser dixitais ou en cartulinas.

Mércores, 30 de outubro de 2024: Rematar a montaxe da exposición do Samaín, iniciada polos vosos compañeiros e compañeiras de 3º e 4º ESO, no patio central do IES. Colocación de cabazas e participacións nos concursos.