Tarefas do MES DE SETEMBRO

Tarefas do MES DE SETEMBRO

de Montserrat Rodríguez Paz -
Número de respuestas: 0

Mércores, 11 de setembro de 2024: Presentación do alumnado, das profesoras e do proxecto "O Resón das Cantareiras e Pandeireteiras no Val Miñor". Elaboración dunha ficha de información, por parte do alumnado, entrega do programa da materia. Visita a Aula de Informática e explicación de normas de uso.

Mércores, 18 de setembro de 2024: Visitaremos a Biblioteca, pois tamén será lugar de traballo, para coñecer as súas normas de uso. Explicación de que é a Aula Virtual; darse de alta; explicación do seu funcionamento e partes, especialmente dos diarios. Debedes traer para a próxima semana, unha funda para gardar o voso material individual, elaborar unha portada individual para a vosa carpeta e unha única para a carpeta do grupo.

Mércores, 25 de setembro de 2024: 1º ESO deseñará chapas identificativas co seu nome e a temática do proxecto e rematará as portadas. Os grupos de 2º ESO farán: Carpeta individual; carpeta de grupo; cuestionario entrevistas coñecementos musicais da veciñanza e buscarán información sobre os instrumentos musicais tradicionais.