Oferta educativa CIFP A Granxa (Ponteareas)
A oferta educativa do CIFP A Granxa (situada no Concello de Ponteareas) comprende formación profesional de tres familias profesionais:
Agraria:
-Ciclo Básico de Agroxardinaría e composicións florais.
-CM de Xardinaría e Floraría.
-CM de Producción Agroecolóxica.
-CS de Paisaxismo e Medio Rural.
-CS de Xestión Forestal e do Medio Natural.
Industrias alimentarias:
-CM de Aceites de Oliva e Viños.
-CS de Vitivinicultura.
-CS de Procesos e Calidade na Industria Alimentaria.
Seguridade e Medio Ambiente
-Ciclo Superior de Educación e Control Ambiental.
Pódese consultar información específica de cada un dos ciclos anteriores na seguinte ligazón:
https://cifpagranxa.gal/contenidos/407/oferta-educativa/
Esta ampla e específica oferta, atópase apoiada pola existencia da residencia CIFP A Granxa que ofrece aloxamento e manutención, contando con profesorado as 24 horas. Achegamos díptico informativo da residencia, onde se ofrece información básica deste servizo.
Ao ser esta autoxestionada, o alumnado residente efectúa un pago trimestral de 900 euros (por habitación compartida) e de 1.320 euros (por cuarto individual, suxeita a dispoñibilidade).
O alumnado residente, segundo o caso, pode obter ata un total de 4.700 euros en concepto de Bolsa MEC por cursar estudos e residir a distancia do domicilio familiar.
A residencia permanece aberta durante o curso escolar dende o domingo ás 20:00 horas ata o venres ás 15:45 horas, incluíndo os festivos entre días lectivos.
Se se desexa acceder a unha praza de residencia, esta solicítase no momento de formalizar a matrícula.
Máis información:
886 120 880
cifp.granxa@edu.xunta.gal
La actividad aún no está lista
Por favor vuelva más tarde.