O índice de democracia no mundo
| Sitio: | IES AUGA DA LAXE |
| Curso: | EDUCACIÓN EN VALORES CÍVICOS E ÉTICOS (Iolanda Veloso) |
| Libro: | O índice de democracia no mundo |
| Impreso por: | Usuario convidado |
| Data: | martes, 25 de novembro de 2025, 1:57 AM |
1. Clasificación dos países segundo The Economist
📊 Clasificación dos países segundo The Economist
O Índice de Democracia clasifica 167 países e territorios en catro categorías: democracias plenas, democracias imperfectas, réximes híbridos e réximes autoritarios, baseándose en cinco criterios: proceso electoral e pluralismo, funcionamento do goberno, participación política, cultura política e liberdades civís.
-
Democracias plenas: 25 países
-
Reximes autoritarios: 60 países
👥 Distribución da poboación mundial
-
Menos da metade da poboación mundial (43%) vive baixo algún tipo de democracia.
-
Só o 6,6% reside en democracias plenas.
-
Dous de cada cinco habitantes do planeta viven en réximes autoritarios, destacando China con preto de 1.400 millóns de persoas.
🇪🇸 Situación de España
-
España mantense como unha "democracia plena", ocupando o posto 21 con 8,13 puntos.
-
Obtén altas puntuacións en procesos electorais e pluralismo (9,58) e liberdades civís (8,82).
-
A participación política é o aspecto máis feble, con 7,22 puntos.
2. O mapa das dictaduras no mundo

3. Países máis e menos democráticos

4. Democracia vs. Autocracia

Autocracias pechadas, nas cales os cidadáns non teñen dereito a elixir os seus dirixentes mediante eleccións plurais —China ou Libia, por exemplo—;
Autocracias electorais, onde si se celebran eleccións pero con limitacións importantes, xa que os cidadáns non gozan de certas liberdades como a de asociación ou de expresión —Rusia ou Turquía—;
Democracias electorais, baseadas en eleccións útiles, libres, xustas e multipartidistas —Brasil ou Polonia—;
Democracias liberais, nas cales os cidadáns e as minorías gozan de dereitos máis garantistas, son iguais ante a lei e as accións do Executivo sométense ao escrutinio do Lexislativo e o Xudicial.
Anna Lührmann, Marcus Tannenberg y Staffan Lindberg.