Cargando
Haga clic si la página no se carga
  • CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

    Ao final de cada avaliación teranse en conta dúas porcentaxes:

    1. As probas escritas, representarán un 90% da nota. Incluirán cuestións teóricas e sobre todo prácticas (dilemas morais, comprensión e reflexión sobre textos e documentos, aplicación de conceptos teóricos á vida e realidade cotiá...).

    2. As intervencións orais baseadas nunha argumentación clara, coherente e respectuosa coas ideas dos outros. Así como a implicación, esforzo persoal e  responsabilidade no traballo diario da materia suporá un 10%.

    A avaliación considerarase aprobada cando a suma das dúas porcentaxes sexa igual ou superior a 5.

    A media da avaliación final será o resultado da media aritmética das tres avaliacións, sendo necesario un 5 para aprobar.

    Aqueles alumnos e alumnas que non superen algunha  avaliación, deberán presentarse a un exame de recuperación dos contidos traballados durante o trimestre, ao comezo do trimestre seguinte.

    A efectos da nota media final, para o alumnado que tivo que presentarse a algunha recuperación, tomarase a nota da recuperación.