Section outline

  • Nestes próximos meses de NOVEMBRO e DECEMBRO temos varios invitacións para colaborar con distintas institucións. Esta é a listaxe de propostas. 

    1.- Charla da Universidade sobre o 25N e o papel da muller na cultura.

    2.- Celebración do 25 N co Concello de Gondomar (na praza do Concello, se non chove).

    3.- Contada en galego dun conto en Espazo Lectura o 10 de decembro ás 18:00 horas. Precisamos: narradores, adaptación do conto, a súa tradución ao galego e desenvolver unha actividade ou xogo para facer coa rapazada asistente.  

        • Nesa semana, adicaremos a Hora de Ler, a facer o mesmo conto para os nosos compañeiros e compañeiras de secundaria. 
        • Pretendemos levalo "á Galiña Azul" e ao Colexio Chano Piñeiro (para infantil).

    4.- Participación nun acto público co Colexio Juan María, o 03 de decembro, no que se conmemora o "Día Internacional das persoas con Discapacidade". Soemos ir con 1º ESO, soe ser en Ramallosa e temos que elaborar un cartel reivindicativo. Este ano o lema do día é "Ampliar o liderazgo das persoas con discapacidade para un futuro inclusivo e sostible".

    5.- Actividades en decembro co "Centro Residencial Vila do Conde" de Gondomar. Podiamos levar un contacontos e xogos de mesa (tradicionais e modernos) para intercambiar con eles distintas formas de xogar nas nosas e súas infancias.

    QUE TEMOS QUE FACER?

    • Propoñer actividades.
    • Desenvolvelas.
    • Decidir que grupo vai participar nelas e como imos ir ata os lugares das actividades.

    Organizaremos nestes días na clase. 

    As profes