Tarefa 3: DOUS MESES SOLIDARIOS COA VECIÑANZA - Novembro e Decembro.
Section outline
-
Nestes próximos meses de NOVEMBRO e DECEMBRO temos varios invitacións para colaborar con distintas institucións. Esta é a listaxe de propostas.
1.- Charla da Universidade sobre o 25N e o papel da muller na cultura.
2.- Celebración do 25 N co Concello de Gondomar (na praza do Concello, se non chove).
3.- Contada en galego dun conto en Espazo Lectura o 10 de decembro ás 18:00 horas. Precisamos: narradores, adaptación do conto, a súa tradución ao galego e desenvolver unha actividade ou xogo para facer coa rapazada asistente.
-
-
- Nesa semana, adicaremos a Hora de Ler, a facer o mesmo conto para os nosos compañeiros e compañeiras de secundaria.
- Pretendemos levalo "á Galiña Azul" e ao Colexio Chano Piñeiro (para infantil).
-
4.- Participación nun acto público co Colexio Juan María, o 03 de decembro, no que se conmemora o "Día Internacional das persoas con Discapacidade". Soemos ir con 1º ESO, soe ser en Ramallosa e temos que elaborar un cartel reivindicativo. Este ano o lema do día é "Ampliar o liderazgo das persoas con discapacidade para un futuro inclusivo e sostible".
5.- Actividades en decembro co "Centro Residencial Vila do Conde" de Gondomar. Podiamos levar un contacontos e xogos de mesa (tradicionais e modernos) para intercambiar con eles distintas formas de xogar nas nosas e súas infancias.
QUE TEMOS QUE FACER?
- Propoñer actividades.
- Desenvolvelas.
- Decidir que grupo vai participar nelas e como imos ir ata os lugares das actividades.
Organizaremos nestes días na clase.
As profes
-
Opened: Tuesday, 4 November 2025, 12:00 AM
-
Opened: Tuesday, 4 November 2025, 12:00 AM
-
Opened: Tuesday, 4 November 2025, 12:00 AM
-
Opened: Tuesday, 4 November 2025, 12:00 AM
-