Section outline

  • 1.- Debedes localizar as ONGs do Val Miñor, de Galicia, de España e do Mundo. (podedes repartir por grupos cada un dos bloques)

    2.- Elaboraredes unha táboa no ordenador, na que engadades o logo da ONG e o enlace da súa web, facebook, instagram, ... 

    3.- Crearedes un código QR no que enlacedes a páxina atopada para cada ONG

    4.- Logo elaboraredes unha ficha para cada ONG: engadiredes o logo e o código QR que leve á súa páxina.

    5.- Cando estén todas montadas, as imprimiremos e faremos unha montaxe polos corredores do IES.

    Tedes todo o mes, salvo a sesión que dediquemos a preparar o Samaín, para completar esta tarefa.