Section outline

    • Segundo a lexislación vixente está autorizado a secundar unha convocatoria colectiva de inasistencia ás clases o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º e 2º de Bacharelato.

      O procedemento que se debe seguir no noso centro para secundar estas convocatorias e para que a ausencia ás clases por este motivo se considere xustificada, detállase a continuación. Este procedemento debe ser coñecido polo alumnado e ás súas familias. 

    • Esta listaxe deberá estar correctamente cumplimentada e asinada e ir acompañada das correspondentes declaracións dos responsables do alumnado (só en caso de alumnado menor de idade) de estaren informados.

      Deberá ser entregada ao titor/a correspondente, como mínimo, o día anterior da convocatoria.

      Unha vez que a persoa titora rexistre as faltas xustificadas do seu alumnado estregará a listaxe en xefatura de estudos. 

    • A declaración dos responsables do alumnado de estaren informados deberá entregarse acompañando a listaxe de participantes de cada grupo que secundarán a convocatoria de "Folga". 

      Deberá estar correctamente cumplimentada e asinada polos responsables e reflectir o motivo da convocatoria (insistide aos vosos titorandos que sen este pormenor, non se considerará válida a declaración e a falta non será xustificada).

      Deberá ser entregada ao titor/a correspondente, como mínimo, o día anterior da convocatoria.