Section outline

  • O próximo 8 de maio celebraremos o II Serán do IES Auga da Laxe.

    Que actos forman a celebración?

    1.- Visita ao pazo do conde, con guías do noso IES.

    2.- Mesa redonda con persoas vencelladas á historia do pazo

    3.- Serán ao solpor con petiscos para participantes e asistentes.

    Que precisamos?

    1.- Guías para a visita ao pazo (preparación previa guión). Canto máis grande sexa o número mellor. Mínimo 3 grupos. Podedes ser de calquera grupo.

    2.- Moderadores para a mesa de debate (2 persoas) Mellor de 3º ou 4º ESO

    3.- Presentadores para o Serán: persoas dinámicas e con interese pola música. (Feita xa unha proposta. Pendente de confirmar).

    4.- Colaboradores para a montaxe do Serán. Entre os asistentes. (todos os niveis).

    Que traballo temos que facer antes da data? Un cartel coa historia do pazo de Gondomar e o seu conde, en pequenos grupos. Cada cartel reflictirá un tema distinto. Mellor en cartolina. Avisámosvos que o verán o conde e a súa familia, así como autoridades da contorna. 

    Data de entrega: antes do último día do mes de abril de 2026.

    Temas

    1.- Biografía Diego Sarmiento Acuña, 1º Conde de Gondomar.

    2.- Diego Sarmiento embaixador en Inglaterra. 

    3.- Diego Sarmiento + Sir Walter Raleigh e Drake.

    4.- Árbore xenealóxica dos condes de Gondomar.

    5.- O conde de Gondomar en Valladolid.

    6.- A vida no Gondomar do século XVII e XVIII.

    7.- Bibliografía sobre o Conde de Gondomar. Libros publicados. Montaxe das portadas e notas dos contidos. Temas. Debedes buscar a bibliografía existente na biblioteca.

    8.- O pazo do Conde de Gondomar no noso concello.

    9.- A Biblioteca do primeiro Conde de Gondomar.

    10.- Maqueta do Pazo de Gondomar e da Vila (como sería) na época do conde. Como a imaxinades? Este traballo o poden facer todos os grupos que queiran e subirá 1 punto a media dos traballos de clase. (lembrade que o diario e as notas diarias van separadas das de clase).

    Moito ánimo coa tarefas. Pode quedar moi "bonito" o acto, depende de todos e cada un de nós.