Estilo de Pondal
.ESTILO
Os recursos estilísticos están en función da súa moral aristocrática, sobria e viril, condicionados pola súa formación clásica.
Recursos propios da literatura culta:
-A lítote: caracterización negativa
Ex.: “Que barba non cuidada”,...
-O símil, o paralelismo,...
Ex.: “Da raza”, “Dos celtas antigos”,...
-O hipérbato
“...non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono...”
Outros recursos:
-Epítetos:
-”a areosa” = a vila de Laxe
-”nobre” = Gundar
-”os rumorosos” = os piñeiros
-”as vagamundas” = as andoriñas
-Oposición doce / férreo:
-Férreo: duro, ousado, forte, esquivo,... -------> LIBERDADE
-Doce: brando, mórbido, femíneo, muliebre, xentil,... ------> ESCRAVITUDE
Ex.: “As almas escravas”,...
-Uso escaso de diminutivos
-Preferencia polas oracións aseverativas que, xunto co emprego frecuente do
adverbio CERTO, son síntoma do carácter dogmático da súa poesía.
-Emprego de simbolismos:
-o vento, como testemuña da historia e como expresión do paso do tempo, está relacionado coa voz humana e a música (harpa)
-as aves simbolizan a liberdade, o paso do tempo, o sentimento de nobreza, a nostalxia, a morte e o mesmo poeta
-as árbores simbolizan a revelación e o sentido trascendental. A identificación dos piñeiros coas harpas dos bardos simboliza o canto dos tempos pasados,con valor mítico, o ideal de beleza, a soidade e a fortaleza.