En galego o infinitivo pode levar desinencias de número e persoa como calquera outro tempo verbal, para indicar a súa concordancia co suxeito: o infinitivo conxugado.
. Exemplos:
- Ao saírmos do cine atopamos a Xosé. (Nós)
 - Saíron con tempo para chegaren cedo. (Eles/Elas)
- Aínda que eles volvan tarde, procura chegares cedo. (Ti)
   - Quen estaba alí ó entrardes? (Vós)
É obrigatorio empregar o infinitivo conxugado:
- Cando o suxeito do infinitivo, sendo distinto do verbo principal, non está expreso e desexas marcalo.
Ex: Convén irmos entrando no avión.
-Cando o infinitivo leva un suxeito expreso distinto do verbo principal.
  Ex: O avogado demostrou teren razón os acusados.
Non podemos conxugar o infinitivo:
- Cando o infinitivo e o verbo principal teñen o mesmo suxeito.
 Ex: Queremos ir con eles á viaxe de fin de curso.
- Cando o infinitivo é parte dunha perífrase.
 Ex: Ten que traer a pantalla nova do ordenador.
- Nas frases feitas, refráns, sentenzas etc. que expresan verdades intemporais.
  Ex: Querer é poder.
Podemos conxugar o infinitivo:
- Aínda que teña o mesmo suxeito que o verbo principal, se vai antes e precedido de preposición.
Ex: Ao sairmos do instituto, fomos ao cine.
- Cando, aínda tendo o mesmo suxeito que o verbo principal e indo posposto a el, vai a unha distancia suficiente para escurecer o seu suxeito:
Ex: Marchamos deste marabilloso país, que tan ben nos recibiu, para voltarmos ó noso.
Última modificación: luns, 3 de xuño de 2019, 1:45 PM