Ir ao contido principal
Telleiras AV
  • Inicio
  • Calendario
  • Máis
Galego ‎(gl)‎
Español - Internacional ‎(es)‎ Galego ‎(gl)‎
Neste momento está usando o acceso para convidados
Acceder
Telleiras AV
Inicio Calendario
Expandir todo Contraer todo
  1. Taboleiro
  2. EDixgal
  3. Topic 3
  4. Informe sobre a mortandade masiva no Mar Menor

Informe sobre a mortandade masiva no Mar Menor

Requisitos do completado
Abertas: martes, 3 de novembro de 2020, 12:00 AM
Pendente: martes, 10 de novembro de 2020, 12:00 AM

Informe sobre a mortalidade masiva no Mar Menor

Realiza un informe sobre a mortalidade masiva, sobre todo de peixes, no Mar menor en outubro de 2019.

Nel deberás incluír os seguintes puntos:

  • Recopilación de noticias sobre o suceso. Analizando a orientación da noticia: social, económica, ecolóxica.
  • Busca información ecolóxica sobre o Mar Menor:
    • Tipo de ecosistema
    • Biodiversidade
    • Fraxilidade
    • Importancia ecolóxica.
    • Importancia paisaxística.
    • Importancia económica.
  • Causas da mortalidade segundo os informes científicos e segundo o Goberno rexional.
  • Que é a eutrofización?
  • Cales son as causas e as consecuencias da eutrofización?
  • Que solucións podes aportar a este problema?

Lembra presentar correctamente o informe:

    • Título e autor.
    • Índice.
    • Contidos con páxinas numeradas.
    • Fontes de información;
      • Cantidade: permite, mediante comparación, contrastar a información.
      • Calidade: busca información ben presentada, completa e correctamente redactada.
      • Fiabilidade: quen está detrás de cada fonte? Un organismo oficial (Ministerio, universidade, hospital. fundación, organismo oficial, etc) ou un blog, un diario, ou un comentario nas redes sociais.
      • Deberán figurar como hiperenlaces ao final do traballo e estar clasificados nestes tres apartados: imaxes, prensa e contidos.
    • Envía o teu traballo en formato .pdf (Non se admitirán traballos noutro formato)
Neste momento está usando o acceso para convidados (Acceder)
Resumo da retención de datos
Políticas
Obter a apli móbil
Fornecido por Moodle