Esquemas preguntas desenvolvemento
Requisitos do completado
- Ilustración: os límites do coñecemento en Kant.
-
- Características da Ilustración como movemento filosófico (culminando co Sapere aude! kantiano) BREVE!
- As tres preguntas que resumen a filosofía kantiana: que podo coñecer / que debo facer / que cabe esperar -> que é o ser humano
- O xiro copernicano
- A pregunta pola metafísica -> é unha ciencia -> que é unha ciencia?
- Análise dos xuízos
- Para analizar a posibilidade dos xuízos sintéticos a priori -> estudo do proceso do coñecemento
- Sensibilidade -> intuición sensible, para ser posible precisamos dos datos dos sentidos de das intuicións puras do espazo e o tempo. Isto permítenos ter fenómenos (representacións do mundo froito dunha síntese de elementos a posteriori e a priori)
- Entendemento -> aplica as categorías aos fenómenos, o que nos permite emitir xuízos sobre o mundo, como os propios de disciplinas como a física. Un exemplo de categoría é a de causa/efecto.
- Razón -> aplica as categorías máis aló dos fenómenos. Quedan baleiras -> a metafísica non é unha ciencia.
- As ideas da razón (Deus, alma, mundo) teñen unha función -> a función da metafísica é regulativa (ordena os nosos xuízos sobre a realidade)
- A metafísica será, segundo Kant, desenvolvida como filosofía práctica (ética)
- A ética formal en Kant: o imperativo categórico.
- Explicar que a metafísica non é unha ciencia, que só ten función regulativa e que se desenvolverá como ética.
- Kant parte do postulado da liberdade, sen ela a ética non sería posible.
- Características da ética kantiana: universal, deontolóxica, formal
- Máximas / Imperativos -> Hipotéticos ou Categóricos (diferenciar)
- Formulacións do imperativo categórico:
- Universalidade
- Dignidade humana
- Reino dos fins
- Diferencia entre autonomía e heteronomía
- Diferencia entre moralidade e legalidade