|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Excursión a Mallorca: Praia es Fornás
|

|


|
|
Nada máis chegar, instalámonos no hotel, xantamos e buscamos unha praia de referencia, que non foi a inmensa de S'Arenal, baixando á dereita, senón unha caliña moi xeitosa á man esquerda na que botamos a primeira de varias tardiñas e varias noites de guitarra, ukelele, cantares e conversas, Es Fornás.
4 ficheiros, último engadido a agosto 02, 2018 Álbum visto 6 veces
|
|
|
|
Excursión a Mallorca: Zona vella de Palma
|

|


|
|
O segundo día, de mañanciña, collemos a nosa querida lata de sardiñas L23 S'Arenal-Palma, baixamos na Plaça de la Porta del Camp e fixemos unha xira en mallorquí pola zona vella de Palma: as rúas estreitas, os balcóns modernistas, os famosos patios, os letreiros co «artigo salgado», o Convent de Santa Clara, a muralla dende dentro e enriba, a Catedral, o Concello coa bandeira LGTBI do Día do Orgullo, a Plaça Major, os postos de artesanía... e a nosa queridísima latiña de zamburiñas L23 de volta para S'Arenal.
13 ficheiros, último engadido a agosto 23, 2018 Álbum visto 7 veces
|
|
|
Excursión a Mallorca: Banys Árabs
|

|


|
|
Pero antes, os Banys Àrabs, os baños árabes en pé dende o século XI, co seu fermoso xardín de Can Fontirroig. Son un dos poucos restos de arquitectura islámica conservados na illa, que lle debe o seu nome, Mallorca, de Madina Mayurqa, o antigo nome de Palma, a Al-Andalus. Mantense a sala central de planta cadrada, cuberta cunha cúpula semiesférica de ladrillos con lumieiras e sostida por 12 columnas con arcos de ferradura, destinada aos baños quentes, para o que dispuña dun dobre chan con ocos por onde circulaba a agua e o vapor. Tamén se conserva unha sala anexa rectangular cuberta con bóveda de canón.
5 ficheiros, último engadido a agosto 23, 2018 Álbum visto 3 veces
|
|
|
|
|
| 32 álbums en 3 páxina(s) |
2 |
|