O Principiño, un éxito mundial

  • O Principiño é, sen dúbida, a obra francesa máis coñecida internacionalmente. O seu autor foi Antoine de Saint-Exupèry, un aviador francés. Aínda que moitas veces se sitúa entre as obras de literatura infantil, a súa lectura pode ser máis profunda, pois trata temas como a vida e o amor, a morte, a amizade... Os distintos personaxes que van aparecendo (o Rei, o Vaidoso, o Bebedor, o home de Negocios...) resaltan a estupidez humana, o materialismo sen sentido, a perda da inocencia...
  • Le Petit Prince foi traducido a moitas linguas, arredor de 200 e é empregado moitas veces como lectura para a aprendizaxe de linguas estranxeiras. Hai auténticos apaixonados desta obriña que fixeron coleccións de traducións. Carlos Casares, o escritor galego, tiña unha colección completísima. Na rede podemos atopar non só o texto traducido a moitas linguas senón tamén diversos produtos que comercializan a súa imaxe (reloxos, álbumes, sabas, tazas, figuriñas...).

    nachorodino