A riqueza lingüística no mundo.

  • As linguas no mundo




    Unha das maiores riquezas que temos os seres humanos é a posibilidade de comunicármonos entre nós, cos nosos amigos e veciños, pero tamén con xente que vive noutros países e que, normalmente, se expresa noutra lingua diferente.
    No mundo existen arredor de tres mil linguas distintas, aínda que algunhas comparten trazos semellantes porque teñen unha mesma orixe, e iso permite agrupalas en familias lingüísticas. Así, por exemplo, o galego, o portugués, o castelán, o italiano, o francés... son relativamente parecidas porque son linguas romances, é dicir, proveñen do latín.
  • Hai linguas que están moi estendidas por todo o mundo. Isto débese á súa importancia para as relacións internacionais (como no caso do inglés), pero tamén á súa historia, por ser a lingua de grandes imperios noutras épocas (como é o caso do francés, do portugués e do español).
    Non todas as linguas están nas mesmas condicións nin teñen a mesma saúde, e así, hai moitas linguas que están en perigo de desaparición.

    nachorodino