A riqueza lingüística en España.
Igual que no resto do mundo, no continente europeo e no noso estado conviven diferentes linguas. Ás veces, esa convivencia dáse no mesmo territorio e non é sempre pacífica, pois o maior uso dunha lingua tende a facer desaparecer a outra. Por outro lado, non todos os gobernos protexen da mesma maneira esas linguas: poden ser consideradas linguas oficiais (como o galego, o catalán ou o vasco en España) ou non (como o caso do bretón en Francia).
No estado español fálanse varias linguas: o castelán, o galego, o catalán ou valenciano, o éuscaro, o asturiano, o aragonés e o aranés. Todas, salvo o éuscaro ou vasco, son linguas romances, é dicir, linguas que proceden do latín. A súa presenza na península débese á romanización, á conquista do territorio por parte das tropas do Imperio Romano. E as diferenzas entre unha e outra débese á distinta evolución que experimentou o latín en Galicia, en Cataluña, en Asturias...