OBRIGAS DOCUMENTAIS DO/A ESTUDANTE ERASMUS
Requisitos do completado
A/o estudante Erasmus+:
- RECIBE:
- Copia da Carta do Estudante Erasmus
- 80% da bolsa Erasmus antes de viaxar
- 20% da bolsa Erasmus despois de entregar o informe final do estudante + os documentos pendentes nese momento.
- Un Certificado da Estadía emitido pola empresa.
- Un Certificado conforme realizou as prácticas FCT como estudante Erasmus.
- Un Europass (documento dixital). Recibirá este documento unha vez asinado por todas as partes (titor/a da empresa + Director do IES As Fontiñas + Representante da Axencia Nacional Erasmus).
- ENTREGA/ENVÍA:
- PRIMEIRO PASO (paso previo á selección):
- CV en inglés (ou na lingua na que realizará a estadía Erasmus)
- Carta de motivación en inglés (ou na lingua na que realizará a estadía Erasmus)
- Foto tamaño carnet
- Fotocopia do DNI
- SEGUNDO PASO (unha vez que foi seleccionada/o):
- Copia da póliza de seguro contratada para a estadía (médico + responsabilidade civil + accidentes).
- DURANTE A ESTADÍA:
- Cada semana da estadía enviará por correo electrónico as follas de actividades cumprimentadas para a análise por parte do/a titor/a.
- Training Agreement asinado polas 3 partes, escaneado e enviado por correo electrónico.
- DESPOIS DA ESTADÍA:
- Carpeta FCT debidamente cumprimentada.
- Un orixinal do Certificado da Estadía.
- O informe final do/a titor/a na empresa.
- Informe final da/o estudante Erasmus cumprimentado e asinado.
- ASINA:
- Convenio Erasmus - IES As Fontiñas
- Convenio FCT - Xunta de Galicia
- Training Agreement (Acordo de Formación + Compromiso de Calidade)
- Documento onde asume compromisos co IES As Fontiñas
- REALIZA (obrigatorio o test dende xaneiro 2015):
- Un test de nivel ONLINE do idioma do país de destino ANTES e DESPOIS da estadía - nos prazos establecidos.
- Se fose preciso e posible, un CURSO de idiomas ONLINE.
- CUMPRIMENTA:
- A carpeta de FCT en galego/español + inglés.
- Un informe final do estudante (no prazo máximo de 30 días dende o remate das prácticas).
- RECOLLE:
- A sinatura do/a titor/a da empresa no Training Agreement (debe escanear o documento asinado polas tres partes e envialo por correo electrónico a erasmus.fontinas@gmail.com).
- As sinaturas necesarias para a carpeta de FCT.
- O Certificado da Estadía que lle entregará a empresa ao final da estadía. Deberá recoller 2 orixinais (un quedará no seu poder e o outro será entregado no instituto).
- O informe final realizado por o/a titor/a da empresa.
Última modificación: venres, 25 de marzo de 2022, 1:31 PM