REUNIÓNS COORDINADORES/AS
4. CURSO 2018-19
Reunión en Toledo os días 4-5 de outubro de 2018. Entre as novidades a destacar o cambio de alguns países de grupo de financiación polo que os alumnos que viaxan a Malta poderán a partir de agora recibir máis beca. A información aparece posta ao día no apartado correspondente a pagos SEPIE. Tamén nos ofreceron información máis detallada para organizar as prácticas dos alumnos con necesidades especiais e os enlaces onde se explica en detalle todo o procedemento. Os alumnos que recibiron beca do ministerio o curso pasado tamén verán aumentadas as axudas para a súa estadía de prácticas Erasmus.
Houbo unha charla sobre como funciona o proceso de avaliación e control dos centros educativos dentro da organización e cales son os documentos que temos que arquivar.
Animousenos a dar visibilidade ao proxecto a través de actividades no centro e das redes sociais.A reunión foi un bo foro para intercambiar experiencias con compañeiros de outros centros de España e atopar apoios neste complexo proceso de organizar prácticas para o alumnado no estranxeiro.
