Section outline
-

-
Cubre e entrega esta preinscrición en secretaría. Canto antes o fagas, máis puntuación terás (mirao no documento "Baremo"!).
Se ben precisamos este documento para facer unha solicitude de financiación axeitada á Axencia Nacional, en setembro haberá que formalizar a solicitude e presentar tódala documentación baremable. -
ALUMNADO: Este ano temos 2 prazas concedidas, en función da dotación económica que corresponda a cada unha (dependendo de se tedes ou non beca, o país, a duración, etc.) ao mellor poderíamos organizar unha terceira mobilidade.
Por este motivo é IMPRESCINDIBLE que as persoas seleccionadas (en azul neste documento) contacten coa coordinadora Erasmus ao longo desta semana.
As persoas en lista de agarda tamén deberán estar atentas por se hai baixas e, no caso de querer facer unha MOBILIDADE SEN BECA, notificalo tamén ao longo desta semana.
-
-
PROFESORADO: Este ano temos 3 prazas concedidas, que volverán a relanzarse de ser o caso, logo do período de reclamación, para todo o profesroado de Grao Superior.
-
Achéganse documentos para contactar con entidades de acollida (1). Lembrade poden ser:
- Unha empresa ou institución educativa para jobshadowing.
- Unha insitutción que ofreza un curso relevante para a nosa formación (non pode ser de idioma)
- Unha empresa ou institución educativa para impartir docencia.
Tamén ides atopar un modelo de carta para contactar (2) e uns "brochures" (3) con vocabulario para a carta e mesmo para achegar con ela.
Unha vez teñades unha idea clara da mobilidade e a súa xustificación, cubride o documento "Proxecto Erasmus" (4) e entregádeo en Secretaría xunto co Curriculum Europass (achégase titorial: doc )
Se tedes dúbidas ou precisades ideas, vide pola 319. O horario de coordinación Erasmus está na porta.
IMPORTANTE: Aínda que a financiación se faga polas táboas do Sepie (Guía do Programa, páx 76), é importante recalcar que nos dan uns fondos fixos.

-