Esta materia ten como obxectivo que adquirades as competencias necesarias para utilizar os programas informáticos máis comúns, como o procesador de textos, a folla de cálculo ou as presentacións.
Aprenderedes a crear, editar e organizar documentos dixitais, a facer exposicións visuais, a empregar o correo electrónico e a traballar en rede e na nube de forma segura e eficiente.
O propósito é que sexades capaces de aplicar estas ferramentas tanto no ámbito académico como no laboral.
- Course creator: Carmen Martínez Torron