Os vindeiros días 11 e 12 de febreiro, o noso centro convértese no punto de encontro do sector coas I Xornadas Gandeiras. Un evento fundamental para o alumnado de Formación Profesional e o sector da comarca.
Contaremos con expertos de primeiro nivel para falar de: * Relevo xeracional con Lucía Casal e Eloi Costa. * Innovación e tecnoloxía: Muxido robotizado (GEA) e mellora xenética (USC). * Xestión e futuro: Situación do sector lácteo (Clun) e o papel da veterinaria na sanidade (ADSG). * Manexo práctico: Alimentación con carro mesturador (Perpetuo Socorro) e técnicas de forraxes (Casa Xordo). * Reprodución: Manexo no gando vacún (Seragro).
A Inauguración e recepción de asistentes: 10:30 h.
Non perdas a oportunidade de actualizar os teus coñecementos coa FP Dual e a Consellería de Educación, ciencia, universidades e formación profesional.