O IES de Arzúa é un centro público de ensino secundario comprometido coa formación integral do seu alumnado. Dende a súa creación, no ano 1983, o instituto ten desenvolvido a súa labor educativa ao servizo da comunidade, adaptándose de maneira constante ás necesidades sociais e aos cambios do sistema educativo.
Ao longo da súa traxectoria, o centro consolidouse como un referente educativo na contorna, ofrecendo unha ensinanza baseada na calidade, na igualdade de oportunidades e no respecto aos valores democráticos. O IES de Arzúa aposta pola innovación pedagóxica, pola convivencia e pola promoción da cultura e da lingua galegas, co obxectivo de formar persoas responsables, críticas e preparadas para o futuro.
