Xusto por diante do noso centro pasa un pequeno regato. O río Corgo. Onde nace? Por onde discorre a súa auga ata chegar ao mar? Que historias nos conta?.
Neste proxecto empregaremos o noso regato como vehículo para escaravellar na historia e na xeografía de Compostela e a súa comarca ata o mar. Indagaremos con el no ciclo da auga e na vida dos ríos, na vexetación de ribeira e na fauna que hai ou que debera haber. Coas novas ferramentas da internet visitaremos o río e a cidade noutros tempos, sen esquecer que a mellor visita é a real, hoxe, polo que camiñaremos tamén polas súas beiras intentando comprender como se relacionan os ríos e os medios urbanos.
Remataremos a nosa viaxe construíndo entre todos un documento que xunte todo o que aprendamos e que sirva para recordalo ou para que poidan achegarse novas xentes ao noso río.
- Profesor/a: José Antonio Ferreira Lence