Orientación. Información e recursos de orientación académica e profesional.
Curso: Orientación. Información e recursos de orientación académica e profesional. | AV
-
1
Comunicación co Departamento de Orientación

-
2
Novas_ Convocatorias
-

Se tés interese en cursar o Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte terás que realizar as probas específicas de aptitude ademáis de solicitar a admisión no momento que corresponda.
Nese momento está aberto o prazo para inscribirse na realización das probas na Universidade de Vigo.
-

A proba divídese en dúas partes:
- Parte común: lingua galega, lingua castelá e matemáticas.
- Parte específica:
- Opcion A: economía da empresa, lingua estranxeira (inglés ou francés), e filosofía.
- Opción B: debuxo técnico, tecnoloxía industrial, e física.
- Opción C: ciencias da terra e ambientais, química, e bioloxía.
Obterás unha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen, e se a superas incluirá a relación de familias profesionais ás que poderás acceder.
Existirá unha porcentaxe de reserva de prazas por cada centro e ciclos para as persoas que accedan pola cota de proba de acceso.
A adxudicación de praza estará condicionada pola cualificación obtida na proba.
-
-
3
ESO
-
Nesta ligazón poderás consultar información de todas as materias da ESO.

-
Esta é unha guía que pretende axudarche na escolla de materias no 4ºESO. Está adaptada partindo dunha presentación orixinal elaborada por Javier García Barreiro, compañeiro orientador do IES DE COTOBADE.
-
-
4
BACHARELATO
-
Estas son as materias que se poden cursar en 1º de bacharelato pero, de cara á matrícula, deberás ter en conta como se organizan en itinerarios.

-
Estas son as materias que se poden cursar en 2º de bacharelato pero, de cara á matrícula, debes ter en conta como se organizan en itinerarios.

-
Nesta ligazón poderás consultar información de todas as materias do Bacharelato.
-
Consulta as materias de 2º de bacharelato que van ter un maior peso na túa nota de admisión segundo as titulacións universitarias do SUG que che interesan máis.

-
-
5
PAU
-
Ligazón á páxina web de referencia que debes consultar para todo o referido á PAU (proba de avaliación de bacharelato para o acceso á universidade)

-
Consulta as materias de 2º de bacharelato que van ter un maior peso na túa nota de admisión segundo as titulacións universitarias do SUG que che interesan máis.

-
Podes consultar a nota de corte nestes últimos 3 cursos para cada titulación nos sete campus galegos.
-
-
6
FP
-
Coñece os ciclos superiores, medios e básicos que se ofertan en Galicia.

-
Vídeo de axuda do asistente web para realizar unha solicitude de admisión a ciclos formativos.

-

Aplicación para facer a solicitude (pinchar) Ciclosadmision
Se non sabes como funciona (pinchar) Guia rápida solicitudesCada tipo de oferta, modalidade e grao ten un proceso de admisión diferenciado. Consulte as instrucións xerais e os calendarios.
Nas seguintes ligazóns está dispoñible unha guía rápida de cada proceso.
Superando un ciclo de FP básica obtense o título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e o título de Técnico Básico na especialidade correspondente.
Para o seguinte alumnado:
- excepcionalmente, procedente de 2º de ESO proposto polo centro educativo para a súa incorporación a un ciclo formativo de grao básico.
- procedente de 3º ou 4º de ESO que solicita por petición propia, xunto cos seus pais, nais ou persoas titoras, a incorporación a un ciclo formativo de grao básico.
De quedar prazas vacantes, completaranse os grupos con persoas que cumpran os seguintes requisitos- Que fagan 17, 18, 19 ou 20 anos no ano de inicio do ciclo formativo, con independencia de que estivesen ou non escolarizadas no curso escolar anterior
- Que non estean en posesión dun título de formación profesional ou calquera outro título que acredite a finalización de estudos secundarios completos
Oferta ordinaria. Matrícula por curso completo en dous cursos académicos en horarios de mañá e/ou tarde, segundo o horario establecido polo centro educativo. A asistencia ás clases é obrigatoria.
FP dual intensiva. Ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividades formativa e laboral nunha empresa coa formación no centro educativo. Está organizada en proxectos formativos específicos que poden ter duración de un a tres cursos e combinar varias titulacións completas ou parciais.
Oferta modular. Matrícula parcial por módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.
A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en horarios de tarde-noite na modalidade presencial segundo o horario establecido polo centro. Na modalidade presencial a asistencia ás clases é obrigatoria.
Na modalidade semipresencial e a distancia a asistencia é obrigatoria ás actividades de avaliación. A asistencia ás titorías e ás actividades formativas presenciais non é obrigatoria pero si recomendable.
Formación acelerada. A súa finalidade é permitir que as persoas obteñan unha cualificación de xeito rápido, que lles permita o acceso ao emprego nos sectores clave para Galicia nos que existe plena inserción profesional, pero á súa vez que poidan acumular esta formación para obteren posteriormente un título.
Esta formación concéntrase nun período curto de tempo, de catro a seis meses, realizándose dúas edicións por curso académico: primeira edición de setembro a xaneiro, e segunda edición de xaneiro a xuño. -
Orientacións para cursar a FP
-
Se aínda non tes claro que ciclo formativo che interesa podes completar este test que é moi visual, e axudarache a atopar os 5 que máis che gusten.
-
-
7
Ensinanzas artísticas
-
8
Ensinanzas deportivas
-
Información sobre as ensinanzas deportivas no portal da Consellería de Educación.
-
9
Ensinanzas de idiomas
-
Información sobre ensinanzas de idiomas no portal da Consellería de Educación: guías informativas, probas das EOI, normativa que regula as ensinanzas de idiomas,..
-
Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía
-
10
Universidade
-
11
Outros estudos
-
12
-
14
Gardas










