Comunicámonos cos nosos oíntes por medio das palabras, pero tamén coa expresión corporal.

Por medio da linguaxe corporal podemos comunicarnos sen falar e dar impresión de simpatía, hostilidade, desdén ou indiferencia empregando só o movemento dos ombreiros, as mans ou as cellas.

A faciana e as mans son coñecidos como os delatores, xa que “delatan” información que reforza, contradice ou incorpora novos matices á nosa mensaxe.

Last modified: Tuesday, 3 December 2019, 6:33 PM