Imaxes e gráficos
Requisitos de conclusão
Emprega imaxes. Gráficos, vídeos e fotografías axúdannos a ilustrar o tema do que esteamos a falar. Se usamos elementos gráficos nun proxector, os asistentes reterán a información na súa mente con máis facilidade que se só empregamos transparencias escritas. Estas parecen todas iguais e o público, ao final, abúrrese con elas. Se engadimos a imaxe á presentación, estimulamos dous sentidos: o oído e a vista.
Pero ollo, O risco de aburrir nas presentacións con Power Point é moi grande se o orador limítase a lela. Enseguida perderá a atención do público. Outro risco é que inclúa exactamente a mesma información que está a dar o conferenciante de forma verbal, co que cae na redundancia. O Power Point é un elemento útil, a condición de que complemente a información falada e non a repita: o que aparece na pantalla ten que axudar a comprender.
Un bo xeito de manter o punto xusto no emprego de imaxes e o Pecha Kucha. 20 imaxes, 20 segundos para cada unha delas.
Última alteração: domingo, 17 de novembro de 2019 às 18:35