Non ser aburrido
O peor que lle pode pasar a un orador é aburrir ao auditorio, porque a xente desconectará.
A elocutio é a operación retórica que consiste en adornar o noso discurso para conseguir que a xente non se aburra e se emocione.
Aquí tes algúns consellos para non ser aburrido:
a) Emprega o humor.
Tres estratexias sinxelas para aplicalo son a autodepreciación -rirche de ti mesmo-, os callbacks -facer referencia a algo que xa mencionaches antes- e apelar ao inesperado –guiar ao público cara a un lado pero ir cara a outro-.
O humor é xenial se te sentes cómodo con el pero se non é así… non o uses. Non hai nada máis incómodo que estar fronte a alguén que tenta usar o humor e non o consegue. Podes ser un bo orador sen usar humor, non te preocupes. Iso si, se non o usas, suxíroche apoiarche no seguinte.
b) Involucra ao público: Failles sentir que teñen un papel activo na túa presentación. Convídalles a facer actividades.
Algunhas ideas:
- Achégache a alguén do público e diríxeche a el.
- Saca a alguén para realizar un exercicio práctico.
- Propón unha visualización que axude a darse conta de algo.
- Propón un exercicio no que todos poidan participar.
- Failles unha pregunta.
- So os coñeces, emprega o nome dalgún dos que te estean a escoitar.