Se queres construir ben os teus argumentos podes seguir a regra ARE (hai outros xeitos de facer argumentos, pero esta é sinxela e seguro que, se a segues, non cometerás erros). 

A regra ARE consiste en que o teu argumento ten que ter res partes:

1. AFIRMACIÓN: Enumeras a tese da que queres convencer. Por exemplo: Hai que mudar o comedor. 

2. RAZOAMENTO: Das a razón. Por exemplo: Porque a comida que nos dan non é saudable.

3. EVIDENCIA: Tes citar a unha autoridade. Por exemplo: Peter Jones, catedrático da Universidade de Standford, dí que temos que comer, alo menos, catro veces á semana froita e verduras, e no noso comedor nunca poñen iso. 

Ademáis tes que pensar na persoa/s que queres convencer. Tes que escoller os argumentos pensando nel/a. Non tes que convencerte a ti mesmo, senon ao audiotorio. 

Última modificación: sábado, 30 de noviembre de 2019, 20:38